Interface de mplayer para Windows e Linux


SMPlayer é unha interface gráfica (GUI) para o destacable MPlayer, que é quen de reproducir case calquera formato de vídeo e audio dos que arestora hai. Ver unha lista de todos os formatos que se soportan
SMPlayer funciona en Windows e Linux. Desenvolvido empregando Qt.

mplayer é un completo reprodutor de son e vídeo, pero carece de interface gráfica e difícil de usar para moitos. SMPlayer facilita o acceso ás funcionalidades de mplayer máis comúns e útiles, como seleccionar a pista de son e subtítulos, activar filtros de vídeo, sincronizar o son e maila imaxe, cambiar a velocidade de reprodución e moitas cousas máis, todo cunha interface agradábel e intuitiva. Tamén hai dispoñíbel un diálogo de preferencias moi completo con opcións para axustar o rendemento cambiar a cor e o tipo de letra dos subtítulos, configurar os atallos de teclado, etc.

Pero SMPlayer tamén incorpora outras funcionalidades interesantes, como a posibilidade de reproducir vídeos de YouTube, buscar e descargar subtítulos, crear vistas previas, etc.

Unha das características máis interesantes de SMPlayer: recorda as opcións que usaras para reproducir calquera ficheiro. Así, cando esteas a ver unha película e teñas que deixala por calquera cousa... non pasa nada: volves a abrila e estarache no mesmo minuto onde a deixaches e coas mesmas opcións de son, de pista, de subtítulos, ao mesmo volume...

Outras funcionalidades interesantes:

  • Integración con YouTube.
  • Diálogo de configuración completo desde o que podes cambiar os atallos, as cores, a tipografía dos subtítulos e outras tantas opcións máis.
  • Soporte de temas de iconas e aparencia.
  • Posibilidade de buscar e descargar os subtítulos de opensubtitles.org.
  • Filtros. Fornécense unha morea de filtros de vídeo e de son: desentrelazado, postprocesado, eliminación de ruído… e ata un filtro de karaoke (que elimina a voz).
  • Saltos coa roda do rato. Podes usalo para ir cara a adiante e cara a atrás nos vídeos e ficheiros de son. Tamén se poden personalizar as funcións dos botóns do rato.
  • Ecualizador de vídeo, que permite axustar o brillo, o contraste, o ton, a saturación e a gamma da imaxe dos vídeos.
  • Varias velocidades de reprodución. Podes reproducir ao dobre, ao cuádruplo... de rápido e máis. Tamén podes reproducir a cámara lenta.
  • Axuste do retardo dos subtítulos e do son. Isto permite sincronizar ben o son cos subtítulos.
  • Opcións avanzadas como a escolla dun demultiplexador ou códecs de son e vídeo.
  • Na túa propia lingua. Agora mesmo SMPlayer está traducido a máis de 30 linguas, incluíndo o noso galego, o castelá, o éuscara, o catalá, o alemán, o francés, o ruso, o chinés, o xaponés....
  • Libre e de código aberto. SMPlayer está protexido pola licenza GPL.
  • Compatíbel con Windows XP/2003/Vista/Server 2008/7/8.

Mellora da compatibilidade co novo mplayer2.

SMPlayer tamén soporta MPlayer2, mplayer2 é un programa derivado de mplayer que inclúe novas funcionalidades como a compatibilidade cos capítulos ordenados de Matroska ou navegación precisa, e tamén soluciona algúns erros. Vexa unha lista detallada das diferenzas.

Actualizar Parece ser que MPlayer2 xa non se está a desenvolver, e o seu substituto chámase mpv. Por sorte SMPlayer xa é compatíbel tamén con mpv!

Binarios de mplayer dispoñíbeis para Windows

O paquete de SMPlayer para Windows xa inclúe unha versión recente de mplayer. Pero se quere unha versión aínda máis nova de mplayer or mplayer2, bótelle unha ollada a estes proxectos que mantén redxii:


Versión 17.9
  • Now it's possible to the search for subtitles using the filename instead of a hash.
  • [Máis información]
  • Fix for the OSD when using SMPlayer with mpv 0.26.
Versión 17.8Versión 17.7
  • Add some options to configure the conversion of srt subtitles to vtt for Chromecast (Preferences -> Network -> Chromecast), like the position of the subtitles on screen.
  • Fix a crash that may happen in the playlist when trying to delete selected items.
Versión 17.6
  • Possibility to convert automatically subtitles in srt format to vtt when playing on Chromecast.
Versión 17.5
  • Corrección para YouTube.
Versión 17.4.2
  • New option (menu View -> OSD) to display the times with milliseconds.
  • New fix for the thumbnail generator that works also with older versions of mpv.
  • Bugfix: the position of the video is remembered when it's opened by drag & drop.
  • The Windows installer won't install mpv on Windows XP since mpv is not longer compatible with Windows XP.
  • New option to use the mplayer ffhevcvdpau decoder (Linux only).
  • Avoid some crashes from mpv.
Versión 17.4
  • The thumbnail generator has been fixed.
Versión 17.3Versión 17.2
  • Corrección para YouTube.
  • The option to delete files from the disk in the playlist is back but it's disabled by default (you can enable it in Preferences -> Playlist -> Misc).
  • On Linux SMPlayer now uses a different web server, included in the packages, to serve files for Chromecast. If you installed the package webfs you can uninstall it now since SMPlayer won't use it anymore.
  • New translation: Norwegian Bokmål.