SMPlayer é un reprodutor multimedia tanto para Linux como para Windows que ven xa cos seus códecs que lle fan que poida reproducir case calquera formato de vídeo e audio.Non precisa de códecs externos. Tan só con instalar SMPlayer xa podes reproducir calquera cousa sen ter perder o tempo buscando e instalando paquetes de códecs.
Unha das características máis interesantes de SMPlayer: recorda as opcións que usaras para reproducir calquera ficheiro. Así, cando esteas a ver unha película e teñas que deixala por calquera cousa... non pasa nada, volves a abrila e estarache no mesmo minuto onde a deixaches e coas mesmas opcións de: de son, de pista, de subtítulos, ao mesmo volume...
SMPlayer é unha interface gráfica (GUI) para o destacable MPlayer, que é quen de reproducir case calquera formato de vídeo e audio dos que arestora hai. Ademais de ofrecer acceso as características máis prácticas de MPlayer, SMPlayer ten ademais outras ben descatables: como a posibilidade de reproducir directamente vídeos do Youtube ou descargar subtítulos.
SMPlayer soporta os máis coñecidos formatos e códecs: avi, mp4, mkv, mpeg, mov, divx, h.264... podes reproducilos todos sen traba ningunha, grazas ao soporte nativo de códecs que trae. Non precisas poñerte a buscar ningún paquete de códecs de terceiros. See a list of all supported formats
SMPlayer includes a handy tool which allows to search, play and download Youtube videos. Learn more
SMPlayer trae a canda si varios temas de iconas e aparencia así que pódeslle cambiar o estilo en menos que canta un galo.
SMPlayer can search and download subtitles from opensubtitles.org.
SMPlayer inclúe características avanzadas como filtros de vídeo e son, cambio da velocidade de reprodución, axustes do son e atraso dos subtítulos, ecualización de vídeos... e unha manchea delas.
SMPlayer está dispoñible en máis de 30 linguas, en galego, castelá, éuscara, catalá, alemán, francés, ruso, xaponés...
SMPlayer téndelo para Windows e Linux. SMPlayer é compatible con Windows XP/2003/Vista/Server 2008/7/8.
SMPlayer é libre e de código aberto. SMPlayer téndelo baixo a licenza GPL.
SMPlayer usa o gran motor de reprodución MPlayer, sen dúbida ningunha, un dos mellores reprodutores de todos. Learn more