Primeiros pasos con SMPlayer

Grazas por instalar SMPlayer. O equipo de SMPlayer agarda que goce do reprodutor. Aquí atopará unha guía para iniciarse no uso de SMPlayer.


Publicouse a versión 17.9.0 de SMPlayer
prema aquí para descubrir as novidades

New features

Play on Chromecast

To play a video on Chromecast just select the option "Play on Chromecast" from the Play menu. That will open the SMPlayer Chromecast control page in your web browser with the URL of the video. This web page can communicate with your Chromecast device. You'll find options to connect/disconnect, start playback and controls for play, pause, volume, seek... You can also control playback with a smartphone or tablet by scanning the QR code in the page. More info about this feature here.

Send video to an external screen

You can send the video to a second screen connected to the computer while controlling the application in the computer's screen. Just select the option "Send video to screen" from the Video menu and choose the screen.


Basic

Reproducir un ficheiro de vídeo

Para abrir un ficheiro prema o primeiro botón da barra de ferramentas ou seleccione o menú Abrir → Ficheiro. Pode seleccionar un ficheiro en calquera dos formatos compatíbeis con SMPlayer, como AVI, MP4, MKV, TS, MPEG… O vídeo comezará a reproducirse. Pode usar o control da parte inferior do reprodutor para poñelo en pausa, retroceder, avanzar, etc.

Open a file using the toolbar button
Open a file using the Open menu

Para poñer o vídeo a pantalla completa, prema o botón fullscreen button na barra de control, ou prema F. Cando SMPlayer está a funcionar a pantalla completa, pode mover o punteiro á parte inferior da pantalla para mostrar a barra de control. Para saír do modo a pantalla completa faga o mesmo que fixo para entrar nese modo (prema o mesmo botón ou a mesma tecla). Tamén pode premer Esc. Pode asemade facer clic secundario sobre o vídeo en calquera momento para mostrar o menú de contexto.

É moi doado cambiar a pista de son, seleccionar uns subtítulos, activar un filtro de vídeo, cambiar a velocidade de reprodución… Só ten que explorar os menús do reprodutor para descubrir todas as súas fantásticas funcionalidades.

Reproducir vídeos de YouTube

Para reproducir un vídeo de YouTube, seleccione o menú Opcións → Navegador de YouTube. Iso abrirá a xanela do Navegador de YouTube. Esta ferramenta permíteche navegar polos máis populares, máis vistos e mellor valorados e puntuados vídeos. Podes facer unha busca de vídeo escribindo un termo na barra de busca do fondo da pantalla. Para reproducir un vídeo fai dobre clic nel.

Descargar subtítulos

SMPlayer pode atopar e descargar subtítulos por vostede. Abra un vídeo e seleccione Atopar subtítulos en «opensubtitles.org» no menú de Subtítulos. Aparecerá unha nova xanela cunha lista de subtítulos dispoñíbeis. Seleccione o subtítulo que queira e prema o botón de Descargar. O ficheiro dos subtítulos descargarase automaticamente e mostrarase sobre o vídeo.

Cambiar a aparencia

Pode cambiar a súa aparencia facilmente. Prema screwdriver button na barra de ferramentas ou seleccione o menú Opcións → Preferencias. Así abrirá o diálogo de preferencias. Agora prema Interface na parte esquerda. Seleccione Interface compatíbel con temas visuais na opción Interface. Para rematar, seleccione o tema visual que queira usar na opción Tema visual.

Xerador de miniaturas

SMPlayer inclúe un xerador de miniaturas, que permite obter unha vista previa do vídeo. É moi doado de usar: abra un vídeo e seleccione Xerador de miniaturas no menú de Vídeo.

Mellorar o rendemento

Se ten problemas para reproducir vídeos de alta definición, siga estes consellos para mellorar o rendemento de SMPlayer:

  • Se ten un procesador con varios núcleos: Abra «Opcións → Preferencias → Rendemento». Aumente o número de «Fíos para a descodificación» de acordo co número de núcleos de que dispoña o seu computador. Por exemplo, pode seleccionar tantos núcleos como fíos.
  • Se non ten un procesador con varios núcleos: Abra «Opcións → Preferencias → Rendemento». Marque a opción de «Permitir saltar fotogramas». Isto axudara a manter o son e mailo vídeo sincronizados, aínda que con certos formatos de vídeo a opción pode provocar que o vídeo se corrompa. Tamén pode experimentar coa opción de H.264 de «filtro de ciclo».
Pode apoiar o desenvolvemento de SMPlayer cunha pequena doazón.

blog Olla as características máis interesantes do SMPlayer en o noso blogue.