Preguntas máis frecuentes

Moi sinxelo. Abre un vídeo, e abre o menú «Subtítulos → Buscar subtítulos en OpenSubtitles.org». Aparecerá unha xanela cunha lista dos subtítulos que podes empregar no vídeo que estás a reproducir. Escolle un e preme o botón de «Descargar». Entón, descargaranse os subtítulos seleccionados e amosaranse no vídeo.

O ecualizador de hardware podería non funcionar con algunhas tarxetas e controladores de vídeo. Se é o teu caso, vai a «Opcións → Preferencias → Xeral → Vídeo», e marca a opción «Usar a ecualización de vídeo por software».

Vai a «Opcións → Preferencias → Dispositivos» e marca a opción «Activar os menús DVD (experimental)» e indica a ruta ao dispositivo de DVD.

Vai a «Opcións → Preferencias → Interface → Interface», e na lista despregábel do campo «Interface», selecciona «Interface compatíbel con temas visuais». Entón poderás seleccionar entre as varias aparencias que hai dispoñíbeis. En Linux terás que instalar o paquete «smplayer-skins».

A maneira máis rápida de atopar os ficheiros de configuración de SMPlayer é seleccionando a opción de «Abrir o cartafol de configuracións» no menús de «Axuda». Se queres borrar a configuración actual e comezar coas configuracións por defecto, elimina o ficheiro smplayer.ini. Importante: antes de eliminar o ficheiro asegúrate de que SMPlayer non estea executándose.

Son dous aplicativos distintos que traballan conxuntamente. En realidade SMPlayer non é un reprodutor de son e vídeo: ese é o papel de mplayer. mplayer é un aplicativo da liña de ordes, que carece de menús ou botóns. Manéxase única e exclusivamente co teclado. Como para moitas persoas iso non lles resulta o moi cómodo, desenvolvéronse varias interfaces gráficas que resolven esa carencia, e SMPlayer é unha delas. Así que MPlayer é o motor de reprodución e SMPlayer achega os botóns, os menús, os diálogos, etc. Os paquetes para Windows inclúen tanto MPlayer como SMPlayer.

Se non podes abrir ficheiros con caracteres especiais ou que non sexan do inglés non latinos, marca a opción «Pasar rutas curtas (8+3) a mplayer» desde «Opcións → Preferencias → Avanzado» para evitar este problema.
Actualización: este problema solucionouse en versións posteriores de mplayer.

Vaia a «Opcións → Preferencias → Xeral → Vídeo» e desactive a opción «Debuxar o vídeo por segmentos».

En Linux para poder decodificar os ficheiros de son ou vídeo en varios fíos é necesaria unha versión recente de MPlayer ou FFmpeg-mt. mplayer2 usa automaticamente todos os núcleos pero mplayer ten que axustarse manualmente. Pode axustar o número de fíos para a decodificación desde «Opcións → Preferencias → Rendemento». Selecciona un número non superior ao número de núcleos que ten, ou de fíos no caso dos núcleos de Intel de varios fíos. Podes seleccionar un valor superior pero o efecto será o mesmo que seleccionar o maior número dispoñíbel de fíos.

Selecciona en «Vídeo → Filtros» a opción «Engadir bordos negros».

Ten. UMPlayer foi un fork creado a partir de SMPlayer 0.6.9. Engadiron varias funcionalidades, como novas aparencias, e compatibilidade con YouTube e SHOUTcast. Moitas desas funcionalidades xa están dispoñíbeis tamén en SMPlayer.
O proxecto UMPlayer parece abandonado, xa hai moitos meses desde a última actualización, e a versión 0.98 xa non pode reproducir vídeos de YouTube. É por iso que, se estás a empregar UMPlayer recomendámosche que te pases a SMPlayer. Ademais SMPlayer inclúe novas funcionalidades que non ten UMPlayer.

Ocorre por usar DirectX como controlador de vídeo. Podes cambialo a «gl», «gl2» ou «direct3d» desde «Opcións → Preferencias → Xeral → Vídeo».

Para aplicar algunhas das opcións é necesario deter o proceso de mplayer e inicialo de novo con novos parámetros. É por iso que se interrompe a reprodución uns intres.